martes, 27 de junio de 2023

Lecturas para o verán

Pequenas e pequenos, aquí vos deixamos unhas lecturas moi diverttidas para este verán. Ademais de ler e escoitar o conto podedes facer moitas actvidades.

ë un traballo feito polo EDLG do CEIP Balaídos.


Bo verán!

domingo, 18 de junio de 2023

VISITA AO IES SANCHEZ CANTÓN

 

Abraiado quedou o alumnado de 2*co recibimento do centro no que traballan as nais de Carmen Suárez e Martín Pèrez.

Gustounos tooooodooo, as detalladasq explicacións nos experimentos, o maravilloso museo de Historia Natural e que dicir da divertidísima función teatral ^ O Gatipedro^> Moitas grazas por preparalo todo con tanto mimo. Esperamos repetilo pronto!!!








domingo, 4 de junio de 2023

Visita ao museo

Os museos teñen a importante función de proporcionar un lugar no que poidas contemplar e reflexionar sobre obxectos únicos que forman parte da historia e do arte rexional e universal.

Para que o noso alumnado poida coñecer parte desta arte visitamos o Museo Provincial de Pontevedra. Coa actividade MIRA QUE TE MIRA coñecemos obras de arte e artistas que exoñen neste impresionante edificio as súas obras.




sábado, 1 de abril de 2023

FAMILIAS E COLE : Oficio de carteiro/carteira

Recibimos con moita ilusión e interese  ao pai e a nai  de Brais e Xan Fontán Silva.

Ambos traballan en Correos e falaron tanto do seu traballo como da orixe e evolución desta fermosa profesión.